12/12/11

LAS HIJAS DE HANNA

Título: Las hijas de Hanna
Autora:
Marianne Fredriksson
Editorial: Salamandra

É ista unha bella historia sobre tres xeracións de mulleres que teñen experiencias e vidas moi idferentes, pero ligadas polo fio dun sentimento e unha emoción única a todas elas.

A partires dunha pequena habitación de hospital tratan de superar as barreiras que as veces aparecen dentro dunha mesma familia sin saber exactamente cal foi o motivo que distanciou a persoas que un día se amaron e se entenderon moito máis do que hoxe son capaces de recoñecer.

3/12/11

A CASA DO PROPÓSITO ESPECIAL

Título: La casa del propósito especial
Autor: John Boyne
Editorial: Salamandra.

Unha historia entre dúas épocas ao longo de varios países: dende a Rusia dos zares, pasando pola revolución bolchevique ata Paris de entre guerras e Londres actual.

Dous personaxes que se aman pero que levan tras de sí un pasado cheo de dor e cun segredo tan terrible de soportar que nunca falan del, nin sequera entre eles mesmos.

Agora están ao final das súas vidas e os recordos asaltan a mente atormentada por unha vida con uns vaivéns que non podía imaxinar nin remotamente...

Nunha edición coidada como sempre fai Ediciones Salamandra.

21/11/11

NOSTALXIA...

Esta finde acudín a unha exposición de máquinas de escribir.... Xa sei que algúns destes xóvenes que estudan nos nosos institutos non as empregaron nunca, pero a min me recordan tempos marabillosos nos que meu tio aporreaba literalmente a súa Olympia con 4 dedos e chegaba a dar aproximadamente 290 pulsacións por minuto, cousa que non fago nin facemos moitos cos ordenadores, moito máis rápidos e sinxelos de empregar....

Pero volvendo á exposición vin a que dicía ser a primerira máquina española: unha Victoria, ou unha Conqueror única fabricada no Reino Unido e que costou máis de 1.000.000 de libras, ou máquinas con teclados árabes, xaponeses, rusos e mesmo con caracteres das SS...

Máquinas de escribir estenotipia, música, con case todos os seus compoñentes en ouro, ou que teñen os mazos de escritura de atrás para adiante, grandes, pequenas, portátiles, en cores, eléctricas, caixas, cintas de escritura, con doble teclado para minúsculas e maiúsculas...

En fin foi un verdadeiro pracer esta exposición



18/11/11

Bibliotecas escolares en tránsito

El pasado fin de semana, en concreto los días 10, 11 y 12 de noviembre, se celebró en Santiago el congreso "Bibliotecas escolares en tránsito", organizado por el Ministerio de Educación y por la Xunta de Galicia. En la siguiente dirección http://www.bibliotecasescolaresentransito.com se pueden consultar las actividades realizadas. Ha sido una magnífica ocasión para conocer a personas procedentes de otros lugares de España y también han participado como ponentes personas de otros países. Igualmente interante ha sido escuchar a profesionales de otros campos de actividad distintos de la enseñanza. En su discurso de inauguración de este congreso, el ministro de Educación tuvo palabras de apoyo y reconocimiento para todos nosotros, como docentes y, especialmente, como trabajadores por la mejora de las bibliotecas escolares. Ha sido interesante participar en las actividades; espero que, al igual que yo, los demás participantes consideren que ha sido beneficioso para su labor lo aprendido en estas jornadas.

22/6/11

SALAMANDRA MONOGRÁFICO

De cara ás vacacións de verán, Biblioarzúa quere propoñervos toda unha serie de libros e novidades cunha especial característica: son todos da Editorial Salamandra.

Temos un montón de novidades que tiveron moito éxito de peticións en canto chegaron a Biblioarzúa e que son as que queremos propoñervos: para todos os gustos, para todas as idades, para todas as persoas....

Todo un verdadeiro pracer a lectura destes libros cara o verán. En Arzúa estamos verdadeiramente emocionados e queremos dar as gracias a Editorial Salamandra por editar estos libros. Gústanos especialmente a colección X Aniversario con eses 10 títulos que son verdadeiras xoias.

Animádevos á lectura con Salamandra:

19/6/11

UNHA XORNADA CON MANUEL E A SÚA SINFONÍA FIORENTINA

Título: Sinfonía Fiorentina
Autor: Manuel Lamas
Editorial: Meubook

Manuel Lamas, o noso compañeiro acaba de publicar o que é a súa primeira novela.

Porque é máis que un compañeiro invitámolo a Biblioarzúa para que presentara en VERDADEIRA PRIMICIA este libro. Pasamos unha mañá moi entretida falando con el do seu libro e dalgunhas cousas máis, pero deixo que sexa el quen vos fale porque o fai moito mellor ca min, aqui van algunhas das súas palabras deste día tan singular.


Na vida partimos do que somos, algo que vai sendo configurado polas nosas vivencias particulares. Polo tanto cando nos poñemos diante dunha pantalla en branco e comezamos a enchela con historias, levaran de feito ese toque persoal froito das nosas experiencias vitais. Mais, isto non quere dicir que se estea contando a nosa historia particular. Unha obra de ficción literaria, e esta novela non o vai a ser menos, será pois un reflexo difuso de quen a deseña e lle dá forma.

O título, sinfonía fiorentina, responde pois a uns intereses que nos levan axiña a unha cidade, Firenza, onde Stendall non puido evitar unhas bágoas

É unha historia de amor, pero non sentimental, non se lembran os tempos pasados para sentirse ben e felices. Ao contrario, só son o resorte, a base para obrigalos a vivir o presente, que é o que conta. Estamos ante unha historia realista, e polo tanto, non todo é de cor de rosas, os medos e as dúbidas están presentes en toda a obra e convértense así no fío condutor, e é máis, van a ser xunto coa paixón e o amor os que escriban o final. Amor, paixón, medos e dúbidas son unha parte fundamental, son o que lle dá vida a unhas personaxes e uns escenarios.


Foi emocionante. Mauel: moita sorte e esperemos terte moi pronto outra vez en biblioarzúa.

Mentras tanto deíxovos unhas imaxes dese día e o enlace ao seu blog.

13/6/11

IV Xornada dos Clubs de Lectura

O pasado venres, día 10 de xuño, celebráronse en Santiago de Compostela as IV Xornadas dos Clubs de Lectura. Poderiamos comentar, con agrado, a boa organización do evento, o acerto na elección dos conferenciantes, a marcha fluida das diversas actividades nas que participamos, e un longo etcétera. Pero o que máis satisfacción e -temos que confesalo-, tamén unha certa sorpresa, nos causou foi o entusiasmo: moitas daquelas persoas presentes amosaban un grandísimo entusiamo polo seu traballo, unha ilusión polas cousas ben feitas, unha vontade desinteresada de participar. Desexamos que se podan celebrar unhas V Xornadas e esperamos poder participar nelas.

10/6/11

O ARTE DE VOAR

Título: El arte de volar
Autores: Antonio Altarriba Ordóñez e Kim (ilustracións)
Editorial: Edicións de ponent


Nun cómic en branco e negro asistimos a unha desgarradora crónica da vida de Antonio, un español do século XX.

É iste un despiadado retrato da condición humana que nos representa a todos: un home suicidase poñendo fin a unha vida marcada polo fracaso e a frustración. Ao igual que outros homes e mulleres tentou construir un mundo máis xusto e a Historia doulle as costas, quixo voar coas ás da ilusión e rematou estrelándose.

El arte de volar está en Biblioarzúa

6/6/11

XORNADA DE TREPA

O martes 31 de maio o alumnado de 1º curso do CS de Recuros Naturais e Paisaxísticos e os profes Mamen, Manuel e Goreti (como sempre, estes apúntanse a toda canta festa se organice..., jaja) estiveron todo o día en Ribadiso nunha xornada de "trepa", e para os non expertos aclaro que trátase de trepa de árbores...

Coa colaboración de Lois Arenas Barreiro, director da CFEA de Guísamo, e de Francisco Rodríguez Trinidad, da empresa de arboricultura ARCE, realizouse unha xornada de trepa.

Esta actividade está integrada no módulo de Instalación de xardíns e restauración da paisaxe, no 1º curso do CS.

Divididos en grupos, traballamos os nós empregados en arboricultura e en ascenso e descenso de árbores, coñecimos de primeira man os equipos, os materiais e as técnicas de seguridade, e finalmente realizaronse as subidas e descensos.

Dende aquí queremos dar as grazas á Lois, a Fran e a Guillermo, pola súa colaboración desinteresada.




De paso aproveito para propoñervos que botedes unha ollada a un libro precioso sobre as árbores de Galicia que temos en Biblioarzúa


Título: Árbores de Galicia

Autor: Adela Leiro Lois / Mon Daporta / Victor M. Caamaño Rivas / Manuel Núñez Pérez / Isaac Pontanilla Pérez / Xoán Colazo Pazó

Editorial: A nosa terra

1/6/11

A INSOPORTABLE LEVEDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS

Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:

Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos, esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.

Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?.

Colectivo dos equipos das bibliotecas escolares integradas no PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares Galegas)

30/5/11

UNHA COSTURA NO TEMPO

Título: Unha costura no tempo
Autor: Xosé A. Neira Cruz
Editorial: Oxford University Press
"Hai preguntas que salvan a vida. E respostas que lle poden dar a razón de ser a varios baleiros espirituais"

Dúas historias de mulleres conectadas por un fío no dobrez da vida: o tempo que cose a solidaridade de dúas mulleres que se axudan sen verse e sen tocarse pero que se senten.

Mulleres fortes e valientes. Mulleres nas que podrían os homes bater nelas, ou ser desprezadas polos seu fillos. Mulleres con olladas de infinito cansanzo... pero que ensinan ás meniñas a non aceptar a humillación sen máis: sometidas á imposición masculina si, pero non aldraxadas, non sen esperanza. No fondo do seu ser mulleres libres que un día rebelaranse e xuntarán as súas forzas mesmo a través do tempo...


"Porque sentir preto a quen un ama é como renovar o sangue que corre polas veas". E xuntas unhas e outras pola lei maior que existe: a que xorde do benquerer.

Cantigas do noso pobo galego e o segredo da Illa de San Simón de telón de fondo deste libro que poderás atopar en Biblioarzúa

26/5/11

VALORES NATURAIS NO CAMIÑO DE SANTIAGO-ARZÚA E A NOSA MAMEN

Título: Valores Naturais do Camiño de Santiago no Concello de Arzúa
Autores: Mª del Carmen López Marcos e Carlos Iglesias Ramos
Publicado por: Concello de Arzúa

No IES
de Arzúa e en Biblioarzúa en particular estamos moi contentos por contar con este profesorado tan "chachi"

O IES de Arzúa, coa colaboración económica do Concello acaba de publicar unha pequena guía titulada "Valores naturais do camiño de Santiago no Concello de Arzúa".

Esta publicación enmárcase nun proxecto iniciado no curso 2009-2010 por dous profesores do departamento de Agraria e un grupo de alumnos do Ciclo Medio Traballos Forestais e de conservación do medio natural, e do Ciclo Superior Organización e xestión de recursos naturais e paisaxísticos.

O proxecto desenvolveuse arredor do Camiño francés. Percorreuse o camiño fotografando aquelas especies e lugares máis característicos para despois identificalas e documentalas. Tamén se elaborou unha enquisa para coñecer o grao de valoración da conservación do camiño por parte do peregrino. Esta enquisa estivo dispoñible en distintos lugares de paso dos camiñantes, en galego, castelán, francés e inglés, realizando despois o tratamento estatístico das enquisas. Ao mesmo tempo, traballouse na elaboración dunha maqueta, así como dun poster que se presentaron no Congreso de Educación Ambiental de centros de ensino da Coruña, organizado polo Ceida.

No proxecto traballouse de xeito interdisciplinar a través de diferentes departamentos didácticos, como Agraria, Administrativo, Francés, Inglés, Latín, Normalización Lingüística e Xeografía e Historia, desenvolvendose así este traballo como un proxecto de toda unha comunidade educativa donde cada unha cumpliu un papel.

Un dos resultados deste traballo é esta publicación financiada polo Concello e que se presentou aos medios o día 24 de marzo.



18/5/11

O ALUMNADO DE CICLOS FORESTAIS EN PUEBLA DE SANABRIA

Entre os día 4 e 6 de maio, o alumnado dos ciclos de forestais do IES de Arzúa realizaron unha saída formativa a Puebla de Sanabria, acompañados dos profes Mamen e Manuel.

Na viaxe fixéronse visitas a espazos naturais, centros de interpretación, plantacións forestais, e outras actividades, nas que expertos e profesionais dos diferentes ámbitos complementaron a formación que reciben no centro polo profesorado.

A viaxe iniciouse o día 4 coa visita á Fraga de Catasós, en Lalín, protexido coa figura de Monumento Natural. A continuación visitaron o Centro Agroforestal de Riós, dependente do INORDE, Deputación de Ourense, donde se lles falou da problemática dos castiñeiros e as súas enfermidades, con demostracións dos tipos de enxerto que alí realizan. Para finalizar, realizaron a ruta do Tejedelo de Requejo, visitando a área de teixos máis antiga e extensa de Zamora.

O día 5 estiveron no Parque Natural Lago de Sanabria, visitando o centro de interpretación e a Casa do Parque, Laguna de Peces, canón do río Tera e ruta da Cascada de Sotillo, apreciando as diferentes paisaxes da zona e identificando as especies máis emblemáticas de flora e fauna. Tamén visitaron plantacións forestais acompañados por axentes medioambientais que explicaron as características e problemáticas da zona en canto á xestión e conservación forestal.

Rematou a viaxe cunha visita á Serra da Culebra, lugar emblemático pola presenza do tan querido e á vez odiado lobo.



13/5/11

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS

Sentímonos orgullosos de falar galego.

Sentímonos orgullosos de sentirnos galegos.

Na tve1 na súa edición nacional desta semana daban esta noticia:

(O único que non entendo é que parece que queren dar a imaxe de que o galego quedouse no rural e nos anos cincuenta... eu dou fe de que non é así)

Feliz Día das Letras Galegas!!!!!

6/5/11

MALDITO KARMA

Título: Maldito karma
Autor: David Safier
Editorial: Seix Barral

Non fai falta nirvana para estar no mellor lugar do mundo.

As veces a fatalidade permiteche acceder a diversas situacións que nunca pensaches nin tan siquiera que podían existir.

Aprender a valorar o que realmente é importante e reflexionar sobre a propia forma de levar a nosa existencia dende unha perpectiva de comedia.

En fin, toda unha serie de tópicos a través dunha divertida fábula para atopar a felicidade.

4/5/11

GALEGO: LINGUA MINORITARIA? SEGURO?

Pensas que o galego é unha lingua minoritaria?

E que che importa?: O galego é unha lingua fermosa que ten bolboretas voando polo xardín, que nos días de brétema dispárase a morriña e que ten toxos amarelos que nos fan berrar de dor e nos días de rosas e sangue as marabillas da lingua loitan porque ninguén esqueza que moitos amamos Galiza.

Por iso non me importa se pensas que o galego é para pailáns, porque o galego vai pegado ao meu corazón, e por iso non entende nin atende a razóns: porque simplemente é un amor.


7/4/11

SABOREANDO EL CIELO

Título: Saboreando el cielo
Autora: Ibtisam Barakat
Editorial: Bambú

O Próximo Oriente é considerado por moitos como a cuna da civilización. Hoxe soporta o inmenso peso da Historia e a loita pola Terrra Santa é o centro do actual conflicto entre Israel e Palestina.

Tantos conflictos mundiais tiveron impacto durante os últimos séculos nesta zona xeográfica entre os dous pobos cunha historia difícil que ademais hoxe asisitimos a unha prolongación de hostilidades a nivel internacional que non fai máis que agrandar o conflicto.

Unha solución, esperemos que non imposible somo moitas veces parece que nos empeñamos en facer, que deberá pasar por garantir a seguridade e liberdade dos dous pobos, e ofrecer un espazo digno para poder recuperarse de tanta morte e odio, quizáis o máis difícil...

Hoxe compartimos unha historia entre bandos enfretados na esperanza de unir os corazóns e as mentes para axudar a resolver este casi interminable conflicto.

"Sé amable porque cantas persoas coñeces están loitando unha gran batalla" Filón de Alexandría

Saboreando el cielo
está en Biblioarzúa

3/4/11

ALBERT EINSTEIN Y SU EXPLOSIVO UNIVERSO

Título: Albert Einstein y su explosivo Universo
Autor:
Mike Goldsmith
Editorial:El Rompecabezas

Todo o mundo escoitou falar de Einstein algunha vez. É famoso porque descubreu unha teoría revolucionaria sobre o universo. Pero este personaxe está cheo de sorpresas, foi expulsado da escola, espiado polos nazis e lle extirparon o cerebro...

Este libro fai un percorrido que comeza cos inicios de Einstein como mal estudante, continúa coas súas primeiras investigacións sobre o Universo e finaliza co descubrimento da súa famosa Teoría da Relatividade.

Este libro está en Biblioarzúa.

1/4/11

LAS CALLES DE ARENA

Título: Las calles de arena
Autor:
Paco Roca

Editorial:
Astiberri

Unha vida que non acaba de convencer ao protagonista, unha cita á que non pode chegar tarde (a pesares de que o lector xa sabe que non chegará a tempo), e un atallo que, como pasa moitas veces, resulta peor que o camiño longo, pero que ao final resultou ser máis divertido que o outro.

Unha cidade dentro da cidade con reglas e personaxes surrealistas cunha sorprendente realidade que atrapa ata o final.

Unha historia para non durmir...

30/3/11

TIEMPO DE MILAGROS

Título: Tiempo de milagros
Autora:
Anne-Laure Bondoux

Editorial: Edelvives


A historia parte de 1992, á metade das guerras do Caúcaso. Un neno francés no medio desta locura e unha muller que cuida del e o protexe, percorrerán miles de kilómetros dende Georgia ata Francia.

A traxedia dunha viaxe onde a guerra os persigue aigual que eles persiguen un sono dunha vida mellor ao final do camiño.

E no medio de todo darse conta do que realmente ten importancia sobre todas as cousas, saber que é o verdadeiramente valioso atopar.

Xa so por isto a viaxe merece a pena...

10/3/11

TARDES CON MARGUERITTE

Título: Tardes con Margueritte
Autora: Marie-Sabine Roger
Editorial: Galaxia
"Cando conñecín a Margueritte, aprender a saber pareceume primeiro complicado, logo interesante e ao final deume medo, porque empezar a pensar é como poñerlle gafas a un miope: todo ao seu redor parecía encantador, fácil, borroso, e de súpeto, ve as fisuras, a merda, os defectos, o que está degradado..."

Esta é a historia entre Germain, de 45 anos e casi analfabeto e Margueritte, unha avoa culta que lle abre os ollos ao fascinante mundo dos libros e mesmo dos dicionarios, que non son "simples libros, senon moito máis: son un extraordinario labirinto no que perderse alegremente...!" . É unha tenra historia fácil de ler porque todos necesitamos que nos quieran porque si.

Narra unha amizade tan improbable como finalmente definitiva a través da lectura en voz alta e as confidencias compartidas ata o punto de que "cando queres a alguén, que esa persoa sexa desgraciada caúsache moita máis dor que se che amargasen a vida todos os que odias xuntos..."

Por certo, acabo de enterarme de que existe unha
película sobre este libro.

25/2/11

MORRIS GLEITZMAN: SEGUNDA E TERCEIRA PARTE

Título1: Entonces
Título 2: Ahora
Autor:
Morris Gletzman

Editorial: Kailas
Acabamos de comprar en Biblioarzúa a segunda e a terceira parte da novela de Morris Gleitzman: Unha vez. A segunda parte é: Entonces e a terceira: Ahora. Co cal nos situamos bastante ben no momento do que nos está a falar o autor.

Para que vos animedes a lela vou situarvos un pouco nos tres libros, aínda que quizáis sería mellor que non seguirades lendo e o descubrirades por vosoutros mesmos.

Estamos en Polonia. 1942. Felix é só un neno, pero vive o Holocausto nazi en toda a súa crueza. Ao longo das páxinas de "Una vez" cóntanos, segundo vai escribindo no seu caderno amarelo, as terribles, unhas, e lindas, outras, historias que lle van sucedendo. Quizáis a mellor de todas esas historias é coñecer a unha pequena de seis anos, Zelda, que lle acompañará en todas as súas aventuras.

En "Entonces", o segundo libro, Felix continúa a falarnos, sempre en primeira persoa, por todo o que teñen que pasar para intentar porse a salvo do horror nazi.

Con todo en canto colles "Ahora", a terceira e última parte desta triloxía, hai algo máis que nos chama a atención e que fai que este libro sexa algo diferente dos outros dous non só polo que nos conta Felix, senón que ademais... E ata aquí podo ler, agora tócavos a vos... Felices dúas lecturas

14/2/11

POESÍA EN SAN VALENTÍN

E para celebrar o amor de San Valentín algunhas poesías relacionadas coas Ciencias, o diñeiro ...
Para que vexades que todo pode estar entrelazado (con máis ou menos acerto)...

23/1/11

UNHA NOVA BIBLIOTECA CHEA DE POLÉMICA

Este finde estiven na polémica Cidade da Cultura que acaban de abrir para o público en Santiago.

Sabedes que o edificio destinado á biblioteca xa está aberto para o público en xeral. Aparte de outras cuestións sobre as que hoxe non quero entrar a debater, deixóvos unas fotos que fixen da biblioteca.

Despois que cada un que pense e opine o que queira, que para iso somos libres...



13/1/11

VOLVER......

Título: Volver
Dirección: Pedro Almodóvar

Marina remata o seu período de excedencia e volve ao instituto e a Biblioarzúa.

Esperamos que a volta non sexa moi dura e que veña con moitas ganas e ideas e que estos meses foran de moito proveito.

Dende Biblioarzúa dámoste a benvida!!!

Aproveito para propoñervos a Película de Volver de Pedro Almodóvar, que temos en Biblioarzúa